Juiz de Fora
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Minas Xerais | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 540.756 (2022) (376,35 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.436,85 km² | ||||
Altitude | 678 m | ||||
Comparte fronteira con | Coronel Pacheco (pt) Ewbank da Câmara (pt) Chácara (pt) Matias Barbosa (pt) Pequeri (pt) Pedro Teixeira (pt) Piau (pt) Bias Fortes (pt) Belmiro Braga (pt) Bicas (pt) Lima Duarte (pt) Santos Dumont (pt) Santana do Deserto (pt) Santa Bárbara do Monte Verde (pt) | ||||
Creación | 1850 | ||||
Santo padrón | Antón de Padua | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | câmara municipal de Juiz de Fora (pt) Circunscrición: 0, (Escano: 19) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36000-000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 32 | ||||
Código de concello do Brasil | 3136702 | ||||
Páxina web | pjf.mg.gov.br |
Juiz de Fora é unha importante cidade brasileira do Estado de Minas Xerais, situada na rexión da Zona da Mata Mineira (así chamada por ter sido coberta no pasado pola foresta tropical da mata atlántica), a 257 km da capital do estado, Belo Horizonte, e a 164 km da cidade do Río de Xaneiro. Foi fundada en 1850, a unha altitude de 695 metros sobre o nivel do mar.
Tiña en 2004 un PIB per capita de R$ 8,6 mil (uns 3,3 mil euros aproximadamente), e unha das máis altas expectativas de vida do Brasil. Estratexicamente localizada entre os maiores mercados consumidores do Brasil, está dotada de toda a infraestrutura necesaria para modernos empreendimentos. Ocupa un lugar destacado en calidade de vida e investimentos no estado de Minas Xerais, Juiz de Fora tamén destaca polo alto índice de desenvolvemento humano, de acordo coa ONU.
Economía
[editar | editar a fonte]Destaca na economía da cidade o sector industrial, principalmente téxtil e de alimentos. Durante moitos anos, Juiz de Fora foi coñecida como a Manchester Mineira, pero a actividade industrial retraeuse coa recesión económica brasileira do comezo da década de 1980. O comercio, os servizos e o lecer tamén son importantes, e nos últimos anos a economía da cidade volveu a crecer e diversificarse. Un gran shopping center e un moderno aeroporto están en construción [cando?]. En 1998 a cidade recibiu unha fábrica de automóbiles da Mercedes Benz.
Cultura e lecer
[editar | editar a fonte]A cidade é sede da Universidade Federal de Juiz de Fora, unha das máis importantes institucións de ensino superior brasileiras. Hai tamén diversas escolas de ensino fundamental, e outras de ensino medio e tamén facultades particulares.
Juiz de Fora é un importante centro rexional cultural, sendo a única cidade da súa rexión en ter cinemas, teatros e outros locais de diversión. Hai tamén importantes museos, como o Museu Mariano Procópio e o MAM - Museu de Arte Moderna Murilo Mendes. Hai tamén unha Orquestra Filharmónica. A cidade realiza anualmente un festival de música clásica, o Festival Internacional de Música Colonial Brasileira e Música Antiga.
Outro evento coñecido na cidade nos últimos anos é a escolla da chamada Miss Brasil Travestí, que atrae participantes de varios puntos do Brasil e algún movemento para a rede hoteleira da cidade.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Juiz de Fora |